Heliodoro de Alexandría () foi un filósofo neoplatónico que viviu no século V. Era fillo de Hermias e Edesia, e irmán máis novo de Amonio. Traxectoria O seu pai, Hermias, morreu cando Heliodoro era un neno. Aos irmáns mantívoos a súa nai Edesia en Alexandría ata que tiveron idade suficiente para asistiren á escola de filosofía. Despois levounos a Atenas, onde estudaron con Proclo. Finalmente, regresaron a Alexandría, onde ambos os dous se dedicaron á docencia de filosofía. Damascio, que foi alumno de Heliodoro, descríbeo como menos dotado que o seu irmán maior, e máis superficial no seu carácter e estudos. Non pode ser o autor dun comentario sobre a Astroloxía de Paulo Alexandrino escrito despois de 564, un texto atribuído a outro Heliodoro. Bibliografía Jones, A., Martindale, J. , Morris, J. , (1992), The Prosopography of the Later Roman Empire, páxina 532. Cambridge University Press.

Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Nados no século V Categoría:Finados no século V Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade