Apolonio de Tiro (en latín Apollonius, en grego antigo Άπολλώνιος) foi un filósofo estoico que viviu durante o reinado de Ptolomeo XII Auletes, rei do -80 ao -58 e do -55 ao -51.

Traxectoria Dióxenes Laercio di que escribiu unha obra sobre Zenón de Cítio, o fundador do estoicismo. Estrabón dá o título doutra obra súa, titulada Πίναξ τῶν ἀπὸ Ζήνωνος φιλοσόφων καὶ τῶν βιβλίων (Debuxo dos filósofos desde Zenón e os sus libros), que parece que era un breve comentario sobre os compañeiros de Zenón e a súa filosofía.

Non se pode afirmar con certeza se este Apolonio é o mesmo que o que Focio di que escribiu unha obra sobre filósofos, ou o que Estevo de Bizancio fai autor dunha obra titulada Χρονικά (Crónica)26.Apollonius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 241.

Notas

Categoría:Escritores do Líbano Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I