Amador Lorenzo Blach, nado en Bueu en 1976, é un fotógrafo galego.

Traxectoria Comezou traballando na panadería familiar e despois estudou Técnico Superior en Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou de cámara de televisión, ten publicado obra gráfica en El País (edición Galicia), Xornal de Galicia, Marca, Luzes e Los Angeles Times. Dende 2017 é codirector de FFoco, o Festival de Fotografía da Coruña, onde tamén foi comisario de exposicións como O Piano pola xanela (Fundación Luis Seoane, 2020) e Profundar (Lúa Ribeira). Traballou na fotografía de varias películas.

Nacenza e mais Curro da Mosenda é un proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando un veterinario rural no seu traballo diario. Vida persoal

É sobriño do futbolista Amador Lorenzo.

Exposicións

Arquipélago interior (Galería Zlick, 2012). Un certo panorama (PHotoESPAÑA 2017) Dique de Abrigo (Fundación Luis Seoane, 2018) Un mundo que sofre baixo un manto de flores (Kiosco Alfonso, 2021).

Fotografía en cine

Matria, de Álvaro Gago O corno, de Jaione Camborda.

Obras

Bolhão (visións dunha realidade) (2016). Autoedición. Dique de Abrigo (2018). Autoedición. Sobre o Dique de Abrigo da Coruña. Nacenza (2024). Fabulatorio. ISBN 978-84-124260-6-9. Curro da Mosenda (2024). Fabulatorio. ISBN 978-84-124260-7-6. OU24112 (2024). Alauda Negra. Plasma a súa particular «declaración de amor á cidade de Ourense». Os números do título reflicten a data en que coñeceu á súa parella e onde comezou a súa relación coas Burgas.

Premios

Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado 2012 con unha serie sobre Portugal titulada "Tudo isto e fado". Finalista en Descubrimentos PHotoESPAÑA 2014.

Notas

Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1976 Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes