Os métis son un pobo indíxena mestizo cuxas terras históricas inclúen as Pradarías canadenses que se estenden por Ontario, a Columbia Británica, os Territorios do Noroeste e noroeste dos Estados Unidos de América. Os métis comparten unha historia e cultura comúns, a cal deriva da mestura entre os europeos (principalemente franceses, escoceses e ingleses) e indíxenas (principalmente cree), que se distinguiu a través da etnoxénese a mediados do século XVIII, durante os primeiros anos do comercio de peles en América do Norte.

No Canadá, había 624.220 métis no ano 2021, e son un dos tres grupos de pobos indíxenas legalmente recoñecidos pola Acta constitucional de 1982 do Canadá, xunto coas Primeiras Nacións e os inuit.

miniatura|250px|Bandeira dos métis. O Consello Nacional Métis (MNC) é a organización política que representa a Nación Métis a nivel nacional e internacional. En 2002, o Consello definiu como métis: "unha persoa que se identifica como métis, distinta doutros pobos indíxenas, de ascendencia histórica da nación métis e que é aceptada pola propia nación".

miniatura|250px|Asentamentos métis en Alberta. Alberta é a única provincia canadense cun territorio métis recoñecido: os oito asentamentos Métis, cunha poboación de aproximadamente 5.000 habitantes en 5.100 km2 e as novas terras métis preto de Fort McKay, compradas ao Goberno de Alberta en 2017.

Etimoloxía do termo A palabra métis é orixinalmente un termo francés para describir unha 'persoa de filiación mixta' e deriva da palabra latina , de , 'mesturado'. É un termo afín ao mestizo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Michif Bandeira dos métis

Categoría:Grupos étnicos do Canadá