miniatura|En gris escuro os catro concellos que forman parte do Val do Ulla. En gris claro as poblacións máis destacadas. O Val do Ulla, tamén coñecido como comarca do Ulla, é unha comarca natural situada entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Forman parte do val os municipios da Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón divididos entre eles polo río Ulla que fai a súa vez de fronteira natural e é o principal nervio articulador. En ocasións faise referencia a unha división desta comarca en: Ulla Alta e Ulla Baixa. A primeira empezaría en Ponteledesma e Gres e acabaría no estreito do Gundián, mentres que a segunda empezaría aí e remataría en Xirimbao. A comarca da Ulla recibiu o nome de «horta e xardín de Compostela» polo escritor Ramón Otero Pedrayo, que tamén considerou as principais parroquias que forman parte do mesmo a: Arnois, Oca, Berres, Ribeira, Cora, Vea, Barcala, San Mamede de Ribadulla, Santa Cruz de Ribadulla, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, Teo e Carcacía.

Cultura e gastronomía Na comarca do Ulla ten grande importancia a festividade do entroido xa que conta cos Xenerais do Ulla, un dos elementos da festa galega máis singulares. Destaca tamén a gastronomía en especial os seus viños e a súa arquitectura onde sobresaen os pazos.

O val conta coa Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla. Dende principios do século XXI aumentouse a plantación de viñas coa chegada de diferentes adegas e empresas relacionadas.

A zona da Ulla cobrou fama popular, xa no sécilo XIX, polas habituais pelexas entre os máis xoves, especialmente os días de festa e verbenas. Proba disto son as diferentes crónicas dos xornais locais da época que contan estes feitos. Na novela Memorias dun neno labrego (1961) o escrito Xosé Neira Vilas menciona estas pelexas cando fai referencia á parroquia de Sarandón da seguinte maneira: «Disque en Sarandón e máis na Ulla arman cada estangurriada que dá xenio».

Na literatura

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Comarcas de Galicia Categoría:Río Ulla