Adrián de la Fuente Barquilla, tamén coñecido como Dela, nado no Escorial o 26 de febreiro de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa central no Levante, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do CU Collado Villalba e do Real Madrid. O 10 de xaneiro de 2018, sendo aínda xuvenil, asinou un contrato profesional co club branco ata 2022.

Para a tempada 2018/19 ascendeu ao Real Madrid Castilla , da Segunda División B. Titular habitual no equipo de Santiago Solari perdeu o seu lugar no once inicial tras o nomeamento de Raúl como adestrador.

En setembro de 2020 fichou polo Vilarreal B, da mesma categoría. O 30 de novembro do ano seguinte debutou co primeiro equipo do Villarreal na Copa do Rei, marcando un gol no 8-0 ante o Victoria coruñés no estadio de Riazor.

O 29 de xuño de 2023 asinou un contrato de tres anos co Levante, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF