A Silva é un lugar da parroquia de Castrelos de Abaixo, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín. Segundo o IGE, en 2023 tiña 15 habitantes (6 homes e 9 mulleres).

O lugar aparece documentado en mapas do século XVIII. Está situado á beira do río Arzoá, e consérvase un antigo muíño de auga que foi recentemente restaurado e habilitado xunto co seu contorno para o turismo. Hai tamén un forno comunal no fondo da aldea.

Lugares e parroquias Lugares de Castrelos de Abaixo

Parroquias do Riós

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós

Categoría:Lugares do Riós