Karl Wilhelm Reinmuth, nado o 4 de abril de 1892 e finado o 6 de maio de 1979, foi un astrónomo alemán, prolífico descubridor de asteroides, cun total de 395 no seu haber.
Traxectoria Traballou no Observatorio de Heidelberg-Königstuhl, Alemaña, entre 1912 e 1957. Foi membro do Centro de Planetas Menores polo Astronomisches Rechen-Institut entre 1947 e 1950, e posteriormente converteuse en "Oberobservator" ou xefe de observadores no Observatorio de Heidelberg até o seu retiro en 1957. Reinmuth realizou máis de 12 500 medicións astrométricas precisas das posicións de asteroides en placas fotográficas, unha tarefa inxente antes da introdución dos ordenadores.
En 1914 descubriu o seu primeiro asteroide, Sarita. Entre os seus descubrimentos máis notables atópanse os asteroides Apolo e Hermes.
Tamén descubriu os asteroides troianos Agamenón, Odiseo, Eneas, Anquises, Troilo, Áyax, Diomedes e Telamón; dous cometas periódicos, 30P/Reinmuth e 44P/Reinmuth e o último asteroide visitado pola sonda espacial Stardust, Annefrank.
Reinmuth bautizou un dos seus descubrimentos co seu propio nome: o asteroide (1111) Reinmuthia, práctica non moi ben vista polos astrónomos.
Recoñecemento a Stracke (1227) Geranium (1228) Scabiosa (1229) Tilia (1230) Riceia (1231) Auricula (1232) Cortusa (1233) Kobresia (1234) Elyna As iniciais dos planetas menores 1227 a 1234, todos descubertos por Reinmuth, forman o acróstico "GSTRACKE", nome do astrónomo alemán Gustav Stracke que pedira que ningún planeta fose bautizado co seu nome:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ADS), en inglés. Smithsonian/NASA Astrophysics Data System (ADS), en inglés.
Categoría:Nados en Heidelberg Categoría:Nados en 1892 Categoría:Astrónomos de Alemaña Categoría:Finados en 1979