O XXXI Campionato Suramericano Sub-20, tamén coñecido como CONMEBOL Sub 20 2025, é a trixésima primeira edición na historia do certame, e celébrase por quinta ocasión en Venezuela do 23 de xaneiro ao 16 de febreiro. O torneo entrega catro cotas de participación na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2025 que se celebrará en Chile. A pesar de xa estar clasificada á cita mundialista pola súa condición de anfitrioa, a selección chilena atópase disputando o presente torneo. Polo tanto, no caso de que Chile remate nos catro primeiros lugares do torneo, o quinto clasificado tamén obterá a súa clasificación para o Mundial Sub-20.
Escolla do país anfitrión Durante o mes de marzo de 2024 o presidente da Federación Peruana de Fútbol, Agustín Lozano, formalizou a candidatura de Perú para acoller o torneo mediante unha carta enviada a Alejandro Domínguez, presidente de Conmebol. A designación da cidade de Arequipa como sede do torneo fíxose oficial o día 10 de abril, durante a sesión de Consello de Conmebol realizada en Asunción, Paraguai.
O 13 de novembro de 2024 Perú perdeu a sede do suramericano por un grande escándalo de corrupción que involucra a directivos da Federación. Finalmente escolleuse Venezuela para acoller esta edición, por quinta vez na súa historia.
Organización Sedes O 6 de decembro de 2024 anunciouse que as cidades de Barquisimeto, Valencia e Puerto La Cruz serían as sedes do Suramericano Sub-20 2025, segundo as informacións achegadas pola Federación Venezolana de Fútbol. Barquisimeto e Valencia acollen os partidos da fase de grupos, mentres que Puerto La Cruz é a sede do hexagonal final. Finalmente, o 13 de decembro, anunciouse que Caracas tamén sería sede do torneo, no hexagonal final.
Listaxe de árbitros A Conmebol confirmou os seguintes equipos arbitrais, procedentes de todos os países membros da confederación, ademais dun equipo arbitral italiano en representación da UEFA. A fase final conta co árbitro asistente de vídeo (VAR). : Nicolás Ramírez Pablo González (asistente) Pablo Acevedo (asistente) : Jordy Alemán Carlos Tapia (asistente) Rubén Flores (asistente) : Paulo Zanovelli Nailton Sousa (asistente) Luanderson de Lima (asistente) : José Cabero Juan Serrano (asistente) Alejandro Molina (asistente)
: Jhon Hinestroza Miguel Roldán (asistente) David Fuentes (asistente) Keiner Jiménez (VAR) : Álex Cajas Edison Vásquez (asistente) Dennys Guerrero (asistente) Gabriel González (VAR) : Derlis López José Villagra (asistente) Luis Onieva (asistente) : Michael Espinoza Stephen Atoche (asistente) Coty Carrera (asistente)
: Mathías de Armas Agustín Berisso (asistente) Horacio Ferreiro (asistente) : Yender Herrera Antoni García (asistente) José Martínez (asistente) : Andrea Colombo Luigi Rossi (asistente) Marcello Rossi (asistente)
Regras Os dez equipos participantes na primeira fase dividiranse en dous grupos de cinco equipos cada un. Logo dunha pequena liga simple, a unha soa volta de partidos, pasarán a segunda rolda os equipos que ocupen as posicións primeira, segunda e terceira de cada grupo.
No caso de empate a puntos en calquera das posicións, a clasificación determinarase seguindo en orde os seguintes criterios:
O resultado do enfrontamento directo xogado entre os empatados. Diferenza de goles. Cantidade de goles marcados. Menor número de cartóns vermellos. Menor número de cartóns amarelos. Por sorteo.
Equipos participantes Participan os dez equipos representativos das asociacións nacionais afiliadas á Confederación Suramericana de Fútbol. A participación de Chile está confirmada, de acordo ao sinalado pola Federación de Fútbol de Chile. Aínda así, a selección xa se atopa clasificada á Copa Mundial Sub-20 de 2025 por ser anfitrioa do torneo. Equipos participantes
Sorteo O sorteo de grupos levouse a cabo na sede da Conmebol situada na cidade de Luque, Paraguai, o 6 de decembro de 2024 ás 12:00 (UTC-3).
Entre paréntese indícase a posición das seleccións no Campionato Suramericano Sub-20 de 2023.
Primeira fase
Os horarios corresponden á hora de Venezuela (UTC-4).
– Clasificados á fase final.
Grupo A Equipo 9430110289430158–3642027706420263304004311–8
Grupo B
Equipo1043106338422081764202510–54411245–10400448–4
Fase final Equipo 0000000000000000000000000000000000000000 00000000
Clasificados para a Mundial Sub-20 de 2025.Anfitrioa do Mundial Sub-20 de 2025.
Notas
Categoría:Fútbol en 2025 Categoría:Competicións da CONMEBOL