A cacaforra dourada (Amanita gemmataSinónimos: Amanita junquillea.) é un cogomelo pequeno e de cor amarelenta. Distintos autores considérano comestible, outros non e para outros mesmo é tóxica"Comestible de buena calidad" (Nonis, 94); "Sospechosa" (García Rolán, 98); "Comestible mediocre. Hai autores que a consideran non comestible e outros como tóxica" (Marcote, 145).. En calquera caso, e debido á posible confusión con outras especies tóxicas, desaconséllase a súa recolección.
Descrición Posúen un sombreiro globoso, de 5-10 centímetros de diámetro, que tende a estenderse ó madurar, de cor amarela desde o dourado ata tons moi esvaídos, quedando o centro máis escuro. A cutícula é viscosa, sobre todo nos exemplares novos, e a marxe estriada. Presenta cando nova unhas pequenas placas brancas que desaparecen pronto.
As láminas, desiguais e libres, son brancas e as esporas tamén, dunhas 9-12 por 7-9 micrómetros. Tamén son brancos o pé e o anel, pero este é pouco resistente e desaparece pronto. A base do pé é algo bulbosa, cunha volva branca, adherente e de bordo nítido, pero ás veces queda reducida a copos e fibras soltas na base do pé.
A carne é branca, se ben amarelece baixo a cutícula, de olor imperceptible e sabor agradable.
Hábitat Medra en chans areosos ou calcarios, en bosques de coníferas. Pode presentarse durante todo o ano, en zonas de invernos suaves.
Diferenciación Pode confundirse coa Amanita citrina, máis esvelta e coa base en forma de maceta, e con exemplares de Amanita phalloides amarelas. Tamén hai rúsulas semellantes, pero estas teñen as láminas iguais e carecen de formacións na base.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid. MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009. NONIS, Umberto (1981): Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario. Daimon, Madrid.
Ligazóns externas Erowid - Amanita gemmata Erowid - Psychoactive Amanitas
Categoría:Amanita Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1838 Categoría:Fungos alucinóxenos