dereita|miniatura|Torre do Batallón do castelo de Sarria. O marquesado de Sarria é un título nobiliario concedido o 1 de maio de 1543 polo rei Carlos I de España a favor de Fernando Ruiz de Castro y Portugal, IV conde de Lemos. Fai referencia á vila galega de Sarria, e con anterioridade xa existira o condado de Sarria. Trátase do título que levaban os herdeiros da casa de Lemos. Marqueses de Sarria Fernando Ruiz de Castro e Portugal (m. 1575), I marqués de Sarria, IV conde de Sarria y IV conde de Lemos. Casou con Teresa de Andrade y Zúñiga (m. 1528), filla de Fernando de Andrade das Mariñas e mais de Francisca de Zúñiga Ulloa. Sucedeu o seu fillo:
Pedro Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal (A Coruña 1524 - Madrid 1590), II marqués de Sarria, III conde de Villalba, V conde de Lemos, II conde de Andrade e XII señor de Pontedeume e Ferrol. Casou con Leonor de la Cueva y Girón. Sucedeu o seu fillo:
Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal (Cuéllar, 1548 - Nápoles 1601), III marqués de Sarria, Casou con Catalina de Zúñiga y Sandoval (m. 1628). Sucedió su hijo:
Pedro Fernández de Castro y Andrade (Madrid, 1576 - Madrid, 1622), IV marqués de Sarria, Casou con Catalina de la Cerda Sandoval. Sen descendencia, sucedeu o seu irmán:
Francisco Ruiz de Castro (Madrid, 1579 - Sahagún, 1637), V marqués de Sarria, Casou con Lucrecia Legnano de Gattinara (m. 1623). En 1629 o conde recluíuse no Monasterio Real de San Benito de Sahagún e sucedeuno o seu primoxénito, que non herdou outros títulos por falecer sen descendencia antes ca seu pai:
Fernando Fernández de Castro Andrade Lignano de Gattinara (n. c. 1611), VI marqués de Sarria. Sucedeu seu irmán:
Francisco Fernández de Castro Andrade Lignano de Gattinara (Roma, 1613 - Madrid, 1662), VII marqués de Sarria, Casou con Antonia Girón Enríquez de Rivera. Sucedeu o seu fillo:
Pedro Antonio Fernández de Castro Girón (Monforte de Lemos, 1632 - Lima, 1672), VIII marqués de Sarria. Casou con Ana de Borja Centellas Doria y Colonna (m. 1706). Sucedeu o seu fillo:
Ginés Fernández Ruiz de Castro, tamén chamado Francisco Ginés Fernando Ruiz de Castro Portugal y Borja (Madrid, 1666 - 1741) IX marqués de Sarria. Casou tres veces mais morreu sen descendencia, sucedeuno a súa sobriña, filla do seu irmán Salvador Francisco Fernández de Castro y Borja e mais de Francisca de Paula Centurión de Córdoba Mendoza Carrillo y Albornoz.
Rosa María de Castro y Centurión (Madrid, 1691 - Madrid, 1772), X marquesa de Sarria. Casou dúas veces mais morreu sen descendencia. Tras disputas de herdanza entre a familia, o título pasou ao seu sobriño, o duque de Béjar.
Joaquín Diego López de Zúñiga Sotomayor Castro y Portugal (1715 - Madrid, 1777), XI marqués de Sarria. Casou dúas veces mais morreu sen descendencia, co que se extinguiu a casa de Castro como herdeira do condado de Lemos, que pasou xunto co marquesado de Sarria á rama parental máis próxima, a casa de Berwick. Sucedeuno o seu curmán:
Jacobo Fitz-James Stuart Colón de Portugal (Madrid, 1717 - Valencia, 1785), XII marqués de Sarria. Herdou o título como cuarto neto de Fernando Ruiz de Castro y Portugal, irmán dos VII e VIII condes de Lemos. Casou con María Teresa da Silva y Álvarez de Toledo, filla dos duques de Alba. Sucedeu o seu fillo:
Carlos Fitz-James Stuart y Silva (Madrid, 1752 - 1787), XIII marqués de Sarria. Casou con Carolina Augusta Stolberg, princesa de Hormes. Sucedeu o seu fillo:
Jacobo Fitz-James Stuart y Stolberg (París, 1773 - 1794), XIV marqués de Sarria. Casó con María Teresa de Silva y Fernández de Híjar. Sucedeu o seu fillo:
Jacobo Fitz-James Stuart y Silva (1792 - 1795), XV marqués de Sarria. Sucedeu o seu irmán:
Carlos Miguel Fitz-James Stuart y Silva (1794 - 1835), XVI marqués de Sarria. Casou con Rosalía de Ventimiglia. Sucedeu o seu fillo:
Jacobo Luis Fitz-James Stuart y Ventimiglia (Palermo, 1821 - Madrid, 1881), XVII marqués de Sarria. Casou con Francisca de Palafox Portocarrero. Sucedeu o seu fillo:
Carlos María Fitz-James Stuart y Portocarrero (1849 - 15 de outubro de 1901), XVIII marqués de Sarria. Casou con María Rosario Falcó y Osorio, XI condesa de Siruela. Sucedeu o seu fillo:
Jacobo Fitz-James Stuart y Falcó (1878 - 1953), XIX marqués de Sarria. Casou con María Rosario de Silva y Gurtubay. Sucedeu a súa filla:
María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y de Silva (1926 - 2014), XX marquesa de Sarria. Casou tres veces. Sucedeuna o fillo do primeiro matrimonio:
Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, XXI marqués de Sarria. Casou con Matilde de Solís y Martínez de Campos, pais de Fernando e de Carlos Fitz-James Stuart y de Solís.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Sarria Categoría:Marquesados de Galicia