San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, que pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Xeografía O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Demografía
Censo total 2014 2.418 habitantes Menores de 15 anos 139 (5.75 %) Entre 15 e 64 anos 1.276 (52.77 %) Maiores de 65 anos 1.003 (41.48 %)
Historia Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
Cultura Toponimia O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"Historia. concellodecea.com.
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).
Patrimonio Patrimonio arquitectónico Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica. Patrimonio cultural No concello está o Museo Etnográfico de Liste.
Economía O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.
A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de San Cristovo de Cea Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mosteiro de Santa María de Oseira. Ligazóns externas www.concellodecea.com
Categoría:San Cristovo de Cea Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía