Punxín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 749 habitantes (956 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .

Poboación

Censo total (habitantes) 749 (2014) Menores de 15 anos 35 (4,67 %) Entre 15 e 64 anos 411 (54,87 %) Maiores de 65 anos 303 (40,45 %)

Xeografía O concello, de 17,1 km², abrangue seis parroquias. Está situado ao noroeste da provincia de Ourense, atravesado polo río Barbantiño.

Patrimonio Consérvanse restos de poboados castrexos no monte de San Trocado e no castro de San Cibrao de Las, no límite co concello de San Amaro.

A igrexa de Vilela é de orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi. Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.

A igrexas de Ourantes é románica, do século XII. É dunha soa nave e ten un retablo churrigueresco.

A igrexa de Punxín é do século XVII, e conserva restos góticos. No seu interior hai un sartego prerrománico, do século IX, atribuído a San Wintila. Ten unha custodia do século XVIII e unha cruz do XVII deseñada por Pescouber. No adro hai un cruceiro modernista.

A igrexa de Freás é do século XVIII, co retablo maior rococó e esculturas barrocas da Virxe das Candeas, San Roque e a Virxe das Dores. Na fachada hai unha figura gótica da Virxe co Neno.

A igrexa de Vilamoure é do século XVIII, e ten dúas obras de pratería atribuídas ao abade Miguel Pérez.

A igrexa de Barbantes é dos séculos XVIII e XIX, e no seu interior ten un retablo rococó con imaxes do barroco.

O pazo de Punxín ten a súa orixe no século XII. En Freás está o pazo do Souto.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Punxín Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Punxín vexa: Lugares de Punxín.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Punxín