Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.
Demografía
Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Censo total 2014 1.742 habitantes Menores de 15 anos 100 (5.74 %) Entre 15 e 64 anos 990 (56.83 %) Maiores de 65 anos 652 (37.43 %)
Xeografía Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).
Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.
Economía Destaca o sector primario. Na gandaría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.
Sendeirismo Santiso conta cunha ruta homologada, a PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, accesible tamén para bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Santiso Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Sobrado
Ligazóns externas Páxina oficial do Concello de Santiso Ruta sendeirista homologada: PR-G 125 Sendeiro de Visantoña - SEGATUR
Categoría:Santiso