Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «» ou «».
Etimoloxía O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.
Xeografía Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro.
A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.
Censo total 9635 (2015) Menores de 15 anos 1029 (10,68 %) Entre 15 e 64 anos 5822 (60,42 %) Maiores de 65 anos 2784 (28,89 %)
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Santa Comba Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Santa Comba Informe da Deputación da Coruña
Categoría:Santa Comba