Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .
Xeografía O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
Demografía Censo total 2014 1.248 habitantes Menores de 15 anos 85 (6.81 %) Entre 15 e 64 anos 759 (60.82 %) Maiores de 65 anos 404 (32.37 %)
Patrimonio A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
A igrexa de Santo Antuíño de Toques é un templo románico do século XII.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.
Economía A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Toques Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Toques vexa: Lugares de Toques.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Toques
Categoría:Toques