Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes (4.289 no 2014, 4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Demografía
Censo Total (Habitantes) 4.289 (2014) Menores de 15 anos 308 (7.18 %) Entre 15 e 64 anos 2.573 (60 %) Maiores de 65 anos 1.408 (32.83 %)
Situación Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el —antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría—. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo). Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
A oscilación térmica anual é de 10 °C, e a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abundantes (1.500-2.000 mm).
A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.
Historia Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo. Así mesmo, no lugar de Monteagudo atópase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.
Economía Case a metade da poboación dedícase ao sector primario en pequenas parcelas destinadas ao autoconsumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, aínda que minguadas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.
Cultura Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Mazaricos Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Mazaricos
Ligazóns externas
Categoría:Mazaricos