Francisco Calo Abelleira, nado en Outes en 1977, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria É enxeñeiro técnico agrícola. Vinculouse ao PPdeG en maio de 2022 e no mes de decembro pasou a ser o candidato para as eleccións municipais de 2023. Nelas conseguiu encabezar a lista maioritaria con 6 concelleiros e o 45% dos votos, mais un acordo entre Compromiso Outes (4 concelleiros), BNG (2) e PSdeG-PSOE (1) mandouno á oposición. En febreiro de 2025, contando co apoio do concelleiro do PSdeG-PSOE, presentou unha moción de censura que o levou á alcaldía.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Outes
Categoría:Nados en Outes Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alcaldes de Outes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes