Tyresö é un concello sueco no condado de Estocolmo. A administración municipal está situada no centro de Tyresö, no distrito de Bollmora.
A maior parte do municipio de Tyresö está na illa Södertörn. Ao sur comeza a área de Storskogen, con elementos de bosque primitivo que forman parte do parque nacional de Tyresta. O terreo é típico na zona, paisaxe de val de fractura con outeiros baixos e vales, ademais dunha topografía escarpada con montañas e rápidos.
A maioría dos traballadores do municipio traballan noutros concellos, debido á proximidade de Tyresö a Estocolmo. A maioría dos postos de traballo do municipio están no comercio, no sector servizos e na manufactura.
Dende a fundación do municipio en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva. En decembro de 2024 Tyresö tiña 49 179 habitantes.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo