Ånge é un concello sueco no condado de Västernorrland. A súa capital é o nó ferroviario de Ånge. O municipio atópase principalmente na província histórica de Medelpad, aínda que unha pequena parte da parroquia de Haverö está en Jämtland. O monte Flataklocken é un dos lugares que reclama o título de centro xeográfico de Suecia.
O río Ljungan atravesa o municipio de leste a oeste dividíndoo en dous. O municipio creceu orixinalmente como unha comunidade ferroviaria, pero agora a actividade está dominada polas industrias de servizos.
Dende os anos 70 o concello pasou dende os case 15 000 habitantes ata pouco máis de 9 000 en 2024.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Borgsjö, Haverö e Torp. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Alby estableceuse no concello de Borgsjö o día 2 de decembro de 1904 e disolveuse ao final de 1956. O köping de Ånge creouse en 1946 tras unha excición do concello de Borgsjö.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.
O actual concello de Ånge naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping Ånge e os concellos rurais de Borgsjö, Haverö e Torp.
Xeografía O concello de Ånge está situado no suroeste do condado de Västernorrland. Ao leste limita co municipio de Sundsvall, tamén en Västernorrland, ao sueste cos de Nordanstig e Hudiksvall, ao sur co de Ljusdal, os tres no condado de Gävleborg, e ao suroeste co de Härjedalen, ao oeste co de Berg e ao norte co de Bräcke, estes últimos no condado de Jämtland.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västernorrland