Staffanstorp é un concello sueco no condado de Escania, anteriormente no desaparecido condado de Malmöhus. A súa capital é a localidade de Staffanstorp.

O paisaxe do concello é cha e está formada por chairas con pequenos desniveis. Os tipos de solo dominantes no municipio son arxilas fértiles de morenas con elementos de area e limo. Unha gran parte da terra está cultivada.

Anteriormente, a produción agrícola e a industria alimentaria complementaria tiñan unha grande importancia. Porén, estas industrias perderon importancia. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector público e empresas de servizos máis pequenas.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva, pasando dos 11 107 habitantes en 1970 ata os 27 303 en 2024.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania