A península de Melville é unha gran península situada na zona do Ártico do Canadá, ao norte da baía de Hudson en Nunavut.

Xeografía A península de Melville ten unha superficie de 65 000 km² e está unida ao continente americano polo istmo de Rae, cunha anchura de só 65 km. Adéntrase no mar uns 400 km e ten unha anchura máxima de 220 km. No seu interior está o lago Hall. Está limitada do seguinte xeito: ao sur, as augas da baía Repulse e do estreito Frozen sepárana da illa Southampton; ao leste, as augas da conca de Foxe, situándose na metade deste tramo de costa a baía Parry; ao norte, as augas do estreito de Fury e Hecla, que a separan da illa de Baffin; ao oeste, as augas do golfo de Boothia, encontrándose tamén máis ou menos na súa metade a baía Garret e, un pouco máis ao sur, a illa Wales.

Notas

Categoría:Nunavut Categoría:Xeografía do Canadá