O receptor de C5a (C5aR), tamén coñecido como receptor do compoñente do complemento 5a 1 (C5AR1) ou CD88 (Cluster de Diferenciación 88), é un receptor acoplado á proteína G para o C5a. Funciona como receptor do complemento. O receptor de C5a modula as respostas inflamatorias, a obesidade, o desenvolvemento e os cancros. Desde un punto de vista da transdución de sinais, a activación do receptor de C5a está implicada no recrutamento da β-arrestina2 a través de Rab5a, o acoplamento de proteínas Gαi, a fosforilación de ERK1/2, a mobilización de calcio e a activación de Rho, o que leva ás funcións augas abaixo, como a secreción de citocinas, a quimiotaxe e a fagocitose.
450px|miniatura|Estrutura do receptor de C5a e os seus residuos que posúen un papel na unión de ligandos ou na sinalización.
Células O receptor de C5a exprésase en: Granulocitos Macrófagos Monocitos Células dendríticas Liña celular derivada do hepatoma HepG2 Astrocitos Microglía
Agonistas e antagonistas Desenvolvéronse agonistas e antagonistas potentes e selectivos para o receptor de C5a.
Notas
Véxase tamén Outros artigos C5a para o mecanismo de unión Receptor de C3a Receptor do complemento
Bibliografía
Ligazóns externos
Categoría:Antíxenos CD