Molenbeek-Saint-Jean (en francés) ou Sint-Jans-Molenbeek (en neerlandés) moitas veces chamado simplemente Molenbeek, é un dos 19 concellos da rexión de Bruxelas-Capital, en Bélxica. Situado na parte occidental da rexión, limita coa cidade de Bruxelas, da que está separado pola canle Bruxelas-Charleroi, así como cos concellos de Anderlecht, Berchem-Sainte-Agathe, Dilbeek, Jette e Koekelberg. O regato Molenbeek, do que toma a cidade o seu nome, atravesa o municipio. Como é habitual en todos os concellos desta rexión, é legalmente bilingüe (francés-neerlandés).
Demografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Concellos de Bruxelas-Capital