Upplands-Bro é un concello sueco no noroeste do condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Kungsängen.
O concello ten unha paisaxe típica da zona do lago Mälar, outeiros de morenas boscosas, parcialmente espidas e grandes chairas arxilosas. A actividade económica local está fortemente afectada pola súa proximidade a Estocolmo. Como en moitos outros municipios periféricos, está dominada polo comercio e as industrias de servizos.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia da poboación, salvo algúns anos, foi moi positiva. En decembro de 2024 Upplands-Bro tiña unha poboación de 32 868 habitantes.
Xeografía O concello está situado na parte sur da provincia histórica de Uppland, na beira oriental do lago Mälar. O municipio de Upplands-Bro limita ao nordés co concello de Sigtuna, ao leste co de Upplands Väsby, ao sueste co de Järfälla e ao sur ten unha fronteira marítima co de Ekerö, todos no condado de Estocolmo. Upplands-Bro tamén limita ao oeste cos concellos de Enköping (fronteira marítima) e Håbo, os dous no condado de Uppsala.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo