Ramiro Pascual Lorenzo, nado en 1865 e finado en 1940, foi un enxeñeiro civil galego.

Traxectoria

Foi responsábel, entre outras obras, da conceptualización e execución do ensanche de Vigo en 1907, do proxecto de tranvía a Baiona e do abastecemento e saneamento de augas de boa parte da cidade olívica. Presidiu a empresa de Tranvías Eléctricos de Vigo. Foi tamén responsábel dos proxectos dos faros da illa de Tambo e da de Ons, na ría de Pontevedra, e responsable do servizo de Obras Públicas en Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Plan Palacios

Categoría:Nados en 1865

Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros de Galicia