Superheroes da natureza (en ) é unha serie de televisión francesa de animación creada por Charlotte Schmidt e Mathieu Rolin. Foi producida por Moonworks Productions e Amopix, con Olivier Roussille e Mathieu Rolin como produtores executivos. Foi distruída por Dandelooo, e Pierre-Alain de Guarrigues achega a voz da narración.

Dobrouse ao galego a primeira tempada e estreouse o 7 de marzo de 2025 na plataforma de Xabarín Club.

Sinopse É unha serie educativa onde cada episodio está dedicado a unha especie do mundo animal cunha habilidade extraordinaria.

Episodios

O escaravello bombardeiro: o peido asasino O camarón pistoleiro: o vaqueiro do fondo do mar Cogombro de mar: o ataque dos fideos picantes O demo espiñoso: un cacto con patas Vagalume: amor en código morse Colibrí: o campión mundial de acrobacias aéreas Toxótidos: a pistola de auga dos mangleirais Escaravello peloteiro cornudo: pequeno, pero matón Tardígrados: os superviventes extremos Polbo: o extraterrestre do océano Araña pavón: a samba peluda Axolote: o monstro acuático mexicano Baleas e placto: a caca ao rescate Blob: a tortilla xigante Crebanoces de clark: vira á dereita na próxima póla Morcego: ás veces os oídos teñen ollos Pingüín: a criatura máis quente do xeo flotante Peixe globo: o Da Vinci dos fondos mariños Cangrexo boxeador: gancho, directo e k.o. Lagarto Xesucristo: a arte da fuxida Camaleón: un arpón pegañoso Narval: prohibido conxelarse Ornitorrinco: o cazador eléctrico Medusa: regreso ao futuro Arañeira: forte coma un buxo Ovella de mar: enerxía 100%verde Abella: o tango dourado Ave lira: a ave orquestra Parrulo: un acoirazado Pangolín: a caixa forte de peche automático

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de series de televisión con versión en galego Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Xabarín Club