Ana María Fernández Moreiras, nada en Trabada en 1976, é unha profesora e autora de banda deseñada galega.
Traxectoria Licenciouse en Física de Partículas na USC. É profesora de secundaria desde o 2000, destinada no IES A Cachada de Boiro como profesora de Tecnoloxía.
Promoveu o festival audiovisual escolar Olloboi, recoñecido co premio especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual polo seu compromiso e traballo en prol da canteira do cine galego. Colaborou en diferentes proxectos multidisciplinares de ilustración como un arquivo de Xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra, un fanzine para Amnistía Internacional ou un manual gráfico sobre os sistemas educativos de Ottawa e Galicia.
Obras Novela gráfica Madialeva (2020). Allariz: Aira Ed. 128 páxs. ISBN 978-8412132496. Xaora (2023). Allariz: Aira Ed. 141 páxs. ISBN 9788412736892.15x15px A pausa. Diario dun confinamento 2020-2025 (2025). Allariz: Aira Ed. 104 páxs. ISBN 978-84-129879-2-8.
Notas
Categoría:Nados en Trabada Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia