Lluís Bassat i Coen, nado en Barcelona o 6 de outubro de 1941, é un publicista español. En 1975 fundou a axencia de publicidade Bassat & Asociados, en Barcelona, a cal máis tarde se chamou Bassat Ogilvy ao ser participada pola multinacional Ogilvy & Mather. En 2004 apareceu nunha lista dos «Homes máis influentes da publicidade». Malia a importancia que Lluís Bassat desenvolveu no eido da publicidade, tamén é coñecido por presentarse ás eleccións para a presidencia do Futbol Club Barcelona nos anos 2000 e 2003. Porén, en ámbalas dúas oportunidades perdeu.
Foi escollido pola canle La Sexta como o empresario encargado de dirixir o programa El aprendiz, unha secuela española do estadounidense The Apprentice, que foi presentado por Donald Trump.
Traxectoria Bassat é técnico de publicidade e diplomado en ciencias sociais e administración de empresas. Empezou vendendo televisores a domicilio mentres estudaba Ciencias Económicas e posteriormente realizou un mestrado en Dirección de Empresas en EAE Business School.
En 1975 fundou en Barcelona a axencia de publicidade Bassat & Asociados. Dende o comezo, un dos seus obxectivos era asociarse cunha grande organización multinacional, preferentemente, Ogilvy & Mather. miniatura|Edificio do Grupo Bassat Ogilvy en Madrid. En 1980, a compañía multinacional Ogilvy & Mather adquiriu unha participación de devandita empresa e creouse así o grupo Bassat Ogilvy Iberia, do que Bassat foi nomeado presidente en España e Portugal. Dende 1987 e durante oito anos desempeñou o cargo de asesor de publicidade, comunicación e imaxe da presidencia da Generalitat de Cataluña.
Foi presidente de Ovideo-Bassat-Sport, co cal creou e foi parte da organización das cerimonias de inauguración e peche dos Xogos Olímpicos de 1992.
O 18 de febreiro de 2015 amosouse contrario á independencia de Cataluña, alegando que unha Cataluña independente quedaría fóra da Unión Europea, con todas as consecuencias negativas asociadas segundo a súa opinión.
Recoñecementos No ano 2000 foi galardoado como o mellor publicitario español do século XX. Ademais, presidiu o xurado do Festival de Cannes e dos Clio; e foi gañador de máis de 400 premios publicitarios (Cannes, Nova York, San Francisco, Londres, Iberoamérica e España). En 2004, a páxina web Marketingdirecto.com realizou unha lista que contén as persoas consideradas como máis influentes no eido da publicidade. Bassat liderou a clasificación das dez persoas máis influentes.
En 2006, foi distinguido pola Universidade Europea de Madrid como doutor honoris causa. O 4 de novembro de 2021, foi distinguido pola Universidade de Vic, como doutor honoris causa.
Obras Bassat publicou os seguintes libros:
El libro rojo de la publicidad (1993). El libro rojo de las marcas (1999). Confesiones personales de un publicista (2008). Inteligencia comercial (2011). La creatividad (2014). Maestros del arte en el cartel (2004).
Notas
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Publicistas Categoría:Empresarios de España Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña Categoría:Personalidades do xudaísmo de España