Diànzǐ yóuxì ruǎnjiàn (en chinés simplificado: 电子游戏软件; en ), tamén coñecida pola súa abreviatura Diànruǎn (en chinés simplificado: 电软), foi a primeira revista sobre videoxogos da China.
Historia Creouse no verán de 1993 e comezou a publicarse en maio de 1994 pola Asociación Chinesa para a Ciencia e a Tecnoloxía. Os seus temas de interese eran os xogos para ordenador e consolas.
O subtítulo orixinal da revista era GAME jízhōngyíng (en chinés simplificado: GAME集中营; en ). En xullo de 1995, o goberno do país prohibiu a súa circulación, mais dous meses despois levantouse a censura ao cambiar o subtítulo a GAME Fēngjǐngxiàn (en chinés simplificado: GAME风景线; en ). A temática da revista ampliouse incluíndo artigos sobre anime, banda deseñada, música e cultura popular en xeral. Este cambio editorial xerou división entre os membros do equipo; un grupo deles, dirixido por Bing Suo, abandonou a revista para fundar a súa propia: Diànzǐ yóuxì yǔ diànnǎo yóuxì (en chinés simplificado: 电子游戏与电脑游戏; en ), coñecida como Diàndiàn (en chinés simplificado: 电电).
Entre 1995 e 2000, Diànruǎn e Diàndiàn dominaron as vendas de revistas sobre videoxogos no país, establecendo unha dura competencia entre ambas. Porén, a comezos do século XXI apareceron novas publicacións no mercado, incluíndo revistas especializadas como Play, centradas exclusivamente nos videoxogos para ordenador. Entre 2003 e 2005, Diànruǎn alcanzou o seu maior número de vendas, cuns ingresos anuais próximos aos 16.5 millóns de iuans. Durante a década de 2010, a revista entrou en declive a causa do xornalismo dixital e o conseguinte descenso global do xornalismo en papel. O 13 de xuño de 2010, gran parte do equipo editorial dimitiu simultaneamente e a revista quedou, segundo os xornalistas de Gameaning, "pendurando dun fío". A finais de febreiro de 2012, unha publicación en Weibo dende a conta oficial de Diànruǎn confirmou que o seguinte número (o 319) sería o derradeiro.
Sete meses despois, en setembro de 2012, a revista reapareceu cun novo formato e cun interese máis académico nos videoxogos. Esta nova versión durou apenas dous meses; en novembro de 2012, cambiou o nome a Diànzǐ jìshù yǔ ruǎnjiàn gōngchéng (en chinés simplificado: 电子技术与软件工程; en ), centrándose en tecnoloxía informática non relacionada cos videoxogos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Revistas en lingua chinesa Categoría:Revistas de videoxogos