Maixabel Lasa Iturrioz, nada en Legorreta, Guipúscoa, en 1951, é unha activista e política vasca pola convivencia no País Vasco, directora da Oficina de Atención ás Vítimas do Terrorismo do Goberno Vasco entre 2001 e 2012. Viúva de Juan María Jáuregui, político vasco do PSE asasinado por ETA, foi unha das primeiras vítimas que accedeu a entrevistarse no cárcere cos asasinos do seu home.
Traxectoria Inicios na política Nos anos 1970 comezou a participar na política no En els anys 1970 va començar a participar en política no PCE-EPK, a carón do seu marido Juan María Jáuregui. Nos anos 1980 afiliouse ao Partido Socialista de Euskadi (PSE-PSOE).
Vítima do terrorismo No ano 2000, ETA asasinou o seu home. Lasa ficou sen o que fora o seu compañeiro dende os 16 anos, a persoa que máis a influenciou, coa que levaba 25 anos casada e compartía unha filla, María.
Atención por igual ás vítimas Un ano máis tarde, en decembro de 2001, foi nomeada directora da Oficina de Atención ás Vítimas do Terrorismo do Goberno Vasco, presidido daquela por Juan José Ibarretxe (PNV), e ocupando ininterrompidamente este cargo durante tres lexislaturas, ao longo de once anos. O seu nomeamento foi recibido por todas as forzas políticas e colectivos de afectados con sumo respecto, mais con moitas incógnitas sobre como reconducir a dirección deste departamento despois do Pacto de Estella e a ruptura da tregua de ETA en 1999. Xunto con Txema Urkijo, tiveron que gañar a confianza das vítimas para poñer en marcha unha nova etapa nas políticas de reinserción e restauración entre vítimas e asasinos, que deron moi bos resultados.
A súa decisión de atender por igual ás vítimas de todas as violencias, fosen causadas por ETA, os GAL ou polos abusos policiais, fíxoa obxecto da ira dalgunhas organizacións de vítimas e partidos políticos.
Encontros restaurativos Participou no proxecto de xustiza restaurativa da vía Nanclares, xurdiron encontros da solicitude dunha serie de persoas presas de ETA que querían reunirse coas vítimas. A Lasa chegoulle unha solicitude de Luis Carrasco, un dos tres asasinos do seu marido, no ano 2011. Lasa sempre defendeu as segundas oportunidades e pensou que que mellor forma de poñer en práctica un dos seus principios. Decatouse que estas persoas sentían verdadeiramente o mal que causaran e estaban arrepentidas. En 2014 Ibon Etxezarreta e en 2021 Patxi Makazaga, os outros dous culpables de asasinar a Jáuregui, tamén pediron reunirse con ela.
Os encontros restaurativos comezaron en 2011, realizáronse 14 con máxima discreción, e déronse a coñecer en 2012 porque se deixaron de facer xa que o Partido Popular obstaculizou a súa continuidade.
Saída do PSE En 2020, Lasa deuse de baixa do PSE-EE despois de ser expedientada polo partido após apoiar a Txema Urkijo, de Más País, lamentando que os socialistas confundisen unha relación persoal cunha política.
Maixabel, o filme Lasa define o filme Maixabel (2021), de Icíar Bollaín como un canto á necesidade de convivencia de todas as persoas, de vicir entre diferentes mais respectándonos e un canto á deslixitimación do uso da violencia. O filme mostra como eran os encontros restaurativos, porque moita xente os descoñecía e foron moitas as fábulas ao longo dos anos arredor deles.
Colaboracións El fin de ETA (2017), filme documental español dirixido por Justin Webster. La pelota vasca, la piel contra la piedra (2003), documental de 2003 dirixido por Julio Medem. Documental Zubiak ("Ponts"), o primeiro capítulo da serie de Movistar+ ETA: el final del silencio. [Publicación] Víctimas y política penitenciaria. Claves, experiencias y retos de futuro (Ed. Catarata, 2019).
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Legorreta Categoría:Políticos do PCE Categoría:Vítimas de ETA Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Activistas do País Vasco