miniatura|Flor de R. kerrii. Rafflesia é un xénero de plantas parasitas cun fedor penetrante. Habitan nos bosques húmidos do sueste asiático (na península de Malaca, Borneo, Sumatra, Xava e Filipinas).
Parsitismo É unha planta holoparasita de plantas vitáceas do xénero Tetrastigma, que estende o seu órgano de absorción, o haustorio, dentro do tecido do hóspede.
Demostrouse que se produciron grandes transferencias horizontais de xenes desde a mitocondria das plantas hóspedes ás mitocondrias das Rafflesia, algo común en bacterias, pero raro en plantas.
Descrición As Rafflesia non teñen follas, unicamente sépalos convertidos en escamas. Non teñen un talo ben definido, pero as súas raíces son robustas e esténdense no seu hóspede; Consisten principalmente nunha flor de cinco pétalos cun diámetro de 90 a 110 cm totalmente aberta e un peso maior a 10 kg aproximadamente. As Rafflesia comunmente atraen moscas debido ao seu mal cheiro a carne en descomposición, que son as que efectúan a súa polinización sen recibiren ningunha recompensa. No medio da flor hai unha cavidade circular na que se atopa unha columna central, a cal está cuberta dunha serie de estames que producen e segregan o seu pole, líquido viscoso que lle dá ese cheiro característico á planta.
Taxonomía O xénero describírono Robert Brown e Samuel Frederick Gray e publicouse en Ann. Philos. Mag. Chem. 16: 225. 1820. O nome Rafflesia déuselle en honra do gobernador colonial británico Thomas Stamford Raffles.
Especies do xénero: Rafflesia arnoldii R.Br. Rafflesia azlanii Latiff & M.Wong Rafflesia baletei Barcelona & Cajano Rafflesia banahawensis Madulid, Villariba & Agoo Rafflesia bengkuluensis Susatya, Arianto & Mat-Salleh Rafflesia borneensis Koord. Rafflesia cantleyi Solms Rafflesia gadutensis Meijer Rafflesia hasseltii Suring. Rafflesia keithii Meijer Rafflesia lagascae Branco Rafflesia lobata R.Galang & Madulid Rafflesia manillana Teschem. Rafflesia mira Fernando & Ong Rafflesia patma Blume Rafflesia pricei Meijer Rafflesia rochussenii Teijsm. & Binn. Rafflesia schadenbergiana Göpp. ex Hieron. Rafflesia tengku-adlinii Mat-Salleh & Latiff Rafflesia tuan-mudae Becc. Si.
Notas
Categoría:Plantas descritas en 1820 Categoría:Malpighiales