miniatura|A Revolución Cantada en 1988. A Declaración de Soberanía de Estonia (en ) emitiuse o 16 de novembro de 1988 durante a Revolución Cantada na República Socialista Soviética de Estonia. A declaración afirmou a soberanía de Estonia e a supremacía das leis estonianas sobre as leis da Unión Soviética. O recentemente elixido parlamento de Estonia tamén reclamou todos os recursos naturais: terras, augas interiores, bosques, xacementos minerais e medios de produción industrial, agricultura, construción, bancos estatais, transportes, servizos municipais, etc. dentro das fronteiras de Estonia.

Contexto Estonia gañou a independencia en 1918, logo da primeira guerra mundial. Durante a segunda guerra mundial, do 16 ao 17 de xuño de 1940, Estonia foi a invadida e ocupada polo exército soviético, e o seu territorio foi posteriormente anexionado pola Unión Soviética estalinista en agosto de 1940.

A maioría das nacións occidentais negáronse a recoñecer a incorporación de Estonia de jure pola Unión Soviética e só recoñeceron de facto ou non o goberno da RSS de Estonia. Estes países recoñeceron a diplomáticos e cónsules de Estonia, Letonia e Lituania que aínda funcionaban en nome dos seus antigos gobernos. Estes diplomáticos persistiron nesta situación anómala ata a restauración definitiva da independencia do Báltico.Diplomats Without a Country: Baltic Diplomacy, International Law, and the Cold War by James T. McHugh, James S. Pacy, Page 2.

Na década de 1980, introducíronse novas políticas de perestroika e glasnost e a represión política na Unión Soviética chegou á súa fin. Como resultado, durante o intento de golpe de estado soviético de 1991 o 20 de agosto de 1991, Estonia restaurou a total independencia, case tres anos despois da Declaración de Soberanía de Estonia. O 6 de setembro de 1991, a Unión Soviética recoñeceu a independencia de Estonia, e o país pasou a ser membro das Nacións Unidas o 17 de setembro de 1991. Despois de máis de tres anos de negociacións, o 31 de agosto de 1994, as últimas forzas armadas restantes de Rusia retiráronse de Estonia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Disolución da Unión Soviética

Categoría:Política de Estonia Categoría:Disolución da Unión Soviética