miniatura|275px|dereita|O corzo é o ungulado máis común de Estonia. Estonia é un pequeno país con amplas masas forestais que se atopa no mar Báltico. Forma parte da rexión siberiana terrestre do eido paleártico, no atlántico norte temperado.Spalding, M.D., et al. "Marine Ecoregions of the World: A Bioregionalization of Coastal and Shelf Areas". Bioscience Vol. 57 No. 7, xullo/agosto de 2007 Fitoxeograficamente, Estonia divídese entre as rexións de Europa Central e Europa do Leste da Rexión Circumboreal dentro do Reino Holártico. Segundo o Fondo Mundial para a Natureza, o territorio de Estonia pertence á ecorrexión do bosque mixto sarmático.
A escasa poboación de Estonia e as grandes áreas de bosque permitiron a supervivencia de poboacións de lince común, xabaril, oso pardo e alce, entre outros animais. Pénsase que Estonia ten unha poboación de lobos duns 200 exemplares, que se considera lixeiramente por riba do intervalo óptimo de 100 a 200.Keskkonnainfo: hunt A avifauna de Estonia caracterízase por aves mariñas raras como o eider de Steller (Polysticta stelleri), o ganso pequeno (Anser erythropus) e o fuselo de rabo negro (Limosa limosa), paxaros de terra como a arceúcha real (Gallinago media), aves de campo seco como o rei dos paspallás (Crex crex) e o rolieiro europeo (Coracias garrulus) e grandes aves de rapina como a aguia manchada (Aquila clanga). Estonia ten cinco parques nacionais, incluíndo o Parque Nacional de Lahemaa na costa norte, que é o meirande. O Parque Nacional de Soomaa, entre Pärnu e Viljandi, é coñecido polas súas zonas húmidas. Reservas como a reserva de aves de Käina e o Parque Nacional de Matsalu (unha zona húmida de importancia internacional baixo a Convención de Ramsar) tamén son populares entre veciños e turistas e admiten unha gran variedade de aves.Birds Of Estonia
Vertebrados As maiores poboacións de osos atópanse no nordeste de Estonia nos condados de Ida-Viru e Lääne-Viru. O número de osos, linces e lobos sufriu durante a ocupación soviética xa que eses animais foron moi perseguidos. Despois de recibir protección, o número de carnívoros máis grandes alcanzou o seu máximo a comezos da década de 1990, mais dende entón caeu lixeiramente por mor do aumento da presión da caza. En 2008, Estonia era o fogar de aproximadamente 620 osos pardos, 760 linces e 135 lobos. A comezos de 2010, os grandes ungulados incluían 48.040 corzos (con respecto aos 63.000 de 2009), 11.741 alces europeos, 2.831 cervos e 22.642 xabarís.
A súa avifauna inclúe aguias reais e cegoñas brancas.
Invertebrados A seguinte táboa amosa unha visión xeral do número de especies dos grupos de invertebrados seleccionados.Eesti Loodus (Ed. A. Raukas), Tallinn, Valgus & Eesti Entsüklopeediakirjastus 1995
Grupo Especies coñecidas Número estimado de especies Ameboides 68 140 Flaxelados 89 200 Apicomplexos 13 50 Cilióforos 176 300 Poríferos 3 6 Hidrozoos 5 8 Escifozoos 3 3 Turbelarios 55 200 Monoxeneos 73 40 Dixeneos 110 130 Nemertinos 106 130 Gastrótricos 6 40 Rotíferos 230 500 Nematodos 200 500 Nematomorfos 1 5 Quinorrincos 1 3 Acantocéfalos 14 40 Nemertinos 4 10 Priapúlidos 1 ? Poliquetos 6 ? Oligoquetos 103 200 Briozoos 7 15 Gasterópodos 74 80 Bivalvos 62 70 Crustáceos 326 356 Arácnidos 786 2055 Miriápodos 38 50 Tardígrados 1 50 Insectos ~10000 20000-21000
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Natureza de Estonia Ligazóns externas Fotos da fauna de Estonia
Categoría:Fauna de Estonia