Gabriel Blas Crespo, nado en Becerreá e finado no mesmo concello o 12 de febreiro de 1928, foi un comerciante, banqueiro e político galego.

Traxectoria Comerciante e banqueiro, foi correspondente de Casa Simeón en Becerreá. Foi nomeado alcalde de Becerreá a finais de decembro de 1903.El Norte de Galicia, 30-12-1903, p. 2. Cesou no cargo en 1905. Finou en Becerreá o 12 de febreiro de 1928.La Voz de la Verdad, 17-2-1928, p. 3.

Vida persoal Casou en 1885 con Lorenza Pereda Gómez e foi pai de Jesús, Pura, Manuel, Gabriel, Mª de la Concepción, Aurora e María Blas Pereda.La Voz de la Verdad, 17-2-1928, p. 3. Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1928