miniatura|358x358px|O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, sede da Conferencia.

A Conferencia Monetaria de París de 1881, inaugurada o 19 de abril e clausurada en xullo dese ano, foi a terceira dunha serie de conferencias monetarias de carácter internacional no derradeiro terzo do século XIX e no primeiro do XX.

A conferencia tivo lugar no prestixioso edificio do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, terminado pouco antes, sito no Quai d'Orsay de París.

Do mesmo xeito que na conferencia anterior, celebrada en 1878, non acadou un acordo corporativo.

Desenvolvemento miniatura|245x245px|Joseph Magnin, ministro francés de Finanzas, presidente da Conferencia. Por mor da continua caída do valor da prata, a conferencia foi convocada conxuntamente por Francia e os Estados Unidos. Á conferencia anterior de 1878 asistiran delegados do Imperio Austro-Húngaro, Bélxica, os Estados Unidos, Francia, Italia, os Países Baixos, o Reino Unido, Rusia, Suecia (xunto con Noruega) e Suíza. En 1881 acadouse a cifra de quince participantes, xa que á parte destas, outras cinco nacións enviaron os seus delegados: Dinamarca, Alemaña, Grecia, Portugal e España. A conferencia desenvolveuse baixo a presidencia do Ministro de Finanzas francés, Joseph Magnin.Proceedings of the International Monetary Conference Held in Compliance With the Invitation Extended to the European Governments by the Governments of France and the United States in Paris in April, May, June, and July 1881 Under the Auspices of the Ministry of Foreign Affairs of the French Republic. Government Printing Office, Washington.1887.

Neste encontro, Francia e os Estados Unidos apoiaron firmemente a proposta de restablecer o bimetalismo nos sistemas monetarios, en tanto que os delegados dos países europeos máis pequenos se opuxeron a esta posibilidade, e Alemaña negouse a prometer cooperación ningunha. A conferencia adiouse para obter novas instrucións, mais estas nunca chegaron a producirse. Por consiguinte, en contra do previsto, a conferencia non volveu reunirse en abril de 1882.Andrews, E. A. (1893). "The Monetary Conference of 1892". En Political Science Quarterly. Vol. 8. Nº 2. Páxinas 197-219.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Russell, H. B. (1898). "Serious Loss of Gold by European Banks of Issue: tge Conference of 1891". En International Monetary Conferences: Their Purposes, Character and Results, with a Study of the Conditions of Currency and Finance in Europe and America during Intervening Periods, and in their Relation to International Action. Harper & Brothers, Nova York. Páxinas 250-322.

Outros artigos

Conferencia Monetaria de París (1867) Conferencia Monetaria de París (1878) Conferencia Monetaria de Bruxelas (1892) Unión Monetaria Latina

Categoría:Congresos Categoría:Unións monetarias Categoría:Política monetaria Categoría:Historia da economía Categoría:Moedas