miniatura|358x358px|O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, sede da Conferencia.
A Conferencia Monetaria de París de 1878, inaugurada o 10 de agosto e clausurada o 29 de agosto dese ano, foi a segunda dunha serie de conferencias monetarias de carácter internacional no derradeiro terzo do século XIX e no primeiro do XX.Conférence monétaire internationale de 1878: Procès verbaux. Imprimerie nationale, París. 1878.
A conferencia tivo lugar no prestixioso edificio do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, terminado pouco antes, sito no Quai d'Orsay de París, e estivo presidida polo ministro francés de Finanzas, Léon Say.Andrews, E. A. (1893). "The Monetary Conference of 1892". En Political Science Quarterly. Vol. 8. Nº 2. Páxinas 197-219.
Desenvolvemento miniatura|245x245px|Léon Say, ministro francés de Finanzas, presidente da Conferencia.Le Monde illustré. Nº 2.039, 25 de abril de 1896.
Unha gran caída do prezo relativo da prata en relación co ouro, que se levaba producindo desde 1873, afectara as relacións dos países usuarios de prata e supuxera unha perturbación do nivel dos prezos. Os produtores de prata dos Estados Unidos víronse prexudicados, en tanto que a xestión de todas as moedas de dobre valor se converteu nunha tarefa cada vez máis difícil.Kindleberger, C. (1993). A Financial History of Western Europe (2ª ed.). Oxford University Press. Páxina 70. ISBN 978-0195077384
En 1878, ao abeiro da lei Bland-Allison dos Estados Unidos convocouse unha conferencia internacional para abordar o problema. Este encontro produciuse en París por conveniencia,En Russell, H. B. (1898). Páxina 204. de xeito diferente á Conferencia de 1867, cando o impulso partira das autoridades francesas. A Conferencia de 1878 reuniu delegacións do Imperio Austro-Húngaro, Bélxica, os Estados Unidos, Francia, Italia, os Países Baixos, o Reino Unido, Rusia, Suecia (xunto con Noruega) e Suíza, e nesta ocasión non de Alemaña. A orde do día da conferencia era considerar, en primeiro lugar, a conveniencia de conservar o uso sen restricións da prata para a cuñaxe de moedas, e en segundo lugar a adopción do bimetalismo internacional, mediante a aceptación dunha proporción que se fixaría por acordo.ICRP calendar of international relations in the 19th century". Institute for Cultural Relations Policy (Culturalrelations.org).
Logo dun debate algo prolongado e a presentación dun gran número de documentos, os estados europeos aceptaron a proposición dos Estados Unidos de que «cómpre manter no mundo as funcións monetarias da prata», pero declinaron vincular a discreción dos estados particulares canto aos métodos que se debían empregar. Declararon ademais que era imposible chegar a un acordo para unha proporción común. A conferencia, xa que logo, non acadou ningún resultado efectivo.Wiegand, J. (2023). "Gold, Silver, and Monetary Stability". International Monetary Fund (IMF.org).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Russell, H. B. (1898). "First Efforts to Secure International Bimetallism: the Conference of 1878". En International Monetary Conferences: Their Purposes, Character and Results, with a Study of the Conditions of Currency and Finance in Europe and America during Intervening Periods, and in their Relation to International Action. Harper & Brothers, Nova York. Páxinas 200-249.
Outros artigos
Conferencia Monetaria de París (1867) Conferencia Monetaria de París (1881) Conferencia Monetaria de Bruxelas (1892) Unión Monetaria Latina
Categoría:Congresos Categoría:Unións monetarias Categoría:Política monetaria Categoría:Historia da economía Categoría:Moedas