O Museo Numismático do Maybank (en malaio: Muzium Numismatik Maybank) é un museo de Kuala Lumpur, Malaisia, propiedade do banco privado Maybank, que alberga unha das maiores coleccións de moedas e billetes do país."Maybank Numismatic Museum". Visitselangor.com
O museo é doadamente accesible a pé ao noroeste da estación de ferrocarril de alta velocidade Plaza Rakyat LRT RapidKL.
Historia O Museo Numismático do Maybank inaugurouse en 1988 e ten a súa sede na Torre Maybank, en Jalan Tun Perak.
En setembro de 2012, as súas instalacións pecharon ao público provisionalmente por reformas, e posteriormente volveron abrir.
Colección Entre os seu fondos hai exemplares de moeda antiga utilizada polo sultanato de Malaca e, máis tarde, polos colonos portugueses."Malaysia's Maybank Numismatic Museum". En The E-Sylum. Volume 12. Nº 39. 27 de setembro de 2009."Maybank Numismatic Museum". Malaysia-traveller.com
Destaca unha boa representación de moedas e papel moeda das primeiras series emitidas no país, billetes de dólar malaio (1939-1953), de dólar de Sarawak (1858-1953), de dólar de Malaia e Borneo Británico (1953-1967) e outros máis actuais de carácter conmemorativo elaborados en polímero.
O museo tamén serve de centro de investigación da historia numismática de Malaisia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de museos numismáticos
Ligazóns externas Maybank
Categoría:Museos de numismática Categoría:Cultura de Malaisia