O Parque Nacional de Matsalu ( e anteriormente coñecido como Reserva Natural de Matsalu) é unha reserva natural e un parque nacional que se atopa na costa oeste de Estonia, nos condados de Lääne e de Pärnu. O Parque Nacional de Matsalu ocupa unha área de 486,1 km², que comprende a baía de Matsalu, o delta do río Kasari, a aldea de Matsalu e os seus arredores.Matsalu Rahvuspark in Estonia Protected Planet
A baía de Matsalu é unha das zonas húmidas de aves máis importantes de Europa, debido á súa posición privilexiada na ruta aérea do Atlántico leste. Un gran número de aves migratorias usan Matsalu como zona de descanso. Cada primavera máis de dous millóns de aves acuáticas pasan por Matsalu, das cales uns 1,6 millóns son haveldas.
O Parque Nacional Matsalu é o fogar de varias especies en perigo de extinción, moitas das cales figuran na Lista Vermella da IUCN de Estonia, incluíndo o pigargo europeo na categoría de conservación máis alta, moitas especies de aves na segunda e na terceira categoría de protección, 22 especies de plantas fortemente protexidas, o sapo corredor e dez especies de mamíferos na segunda categoría de conservación.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Áreas protexidas de Estonia
Categoría:Parques nacionais de Estonia