Triangle of Sadness é un filme de 2022 escrito e dirixido por Ruben Östlund, no seu debut cun filme rodado en inglés. Está protagonizado por Harris Dickinson, Charlbi Dean (no seu derradeiro papel), Dolly de Leon, Zlatko Burić, Iris Berben, Vicki Berlin, Henrik Dorsin, Jean-Christophe Folly, Amanda Walker, Oliver Ford Davies, Sunnyi Melles e Woody Harrelson. Segue a unha parella de famosos nun cruceiro de luxo con hóspedes ricos que acaban varados nunha illa e loitan pola supervivencia.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022 o 21 de maio, onde recibiu unha ovación de oito minutos e foi galardoada coa Palma de Ouro.

Personaxes

Harris Dickinson como Carl Charlbi Dean como Yaya Dolly de Leon como Abigail Zlatko Burić como Dimitry Iris Berben como Therese Vicki Berlin como Paula Henrik Dorsin como Jarmo Jean-Christophe Folly como Nelson Amanda Walker como Clementine Oliver Ford Davies como Winston Sunnyi Melles como Vera Woody Harrelson como o capitán

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Ruben Östlund Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes rodados en Suecia Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes de Arte France Cinéma