Laudato si' (no dialecto umbro do italiano medieval: Loado sexas, en galego) é o título da segunda encíclica do papa Francisco, asinada o 24 de maio, Solemnidade de Pentecoste, do ano 2015, e presentada o 18 de xuño do mesmo ano.

A encíclica céntrase no planeta Terra como lugar no que viven as persoas, defendendo a natureza, a vida animal e as reformas enerxéticas nos seis capítulos compostos. Presenta o subtítulo: Sobre o coidado da casa común. Francisco realiza unha «crítica mordaz do consumismo e o desenvolvemento irresponsable cunha alegación en favor dunha acción mundial rápida e unificada "para combater a degradación ambiental e o cambio climático". O Papa subliña que se trata unha encíclica que debe contarse no Maxisterio social da Igrexa. Explicitamente aclara que non se trata dun discurso “verde” máis,senón que nos insta a “recoñecer que unha verdadeira formulación ecolóxica convértese sempre nunha social, que debe integrar a xustiza nas discusións sobre o ambiente, para escoitar tanto o clamor da terra como o clamor dos pobres”.

Entre os que apoiaron o abordaxe do Papa sobre o cambio climático antes da publicación estivo Greenpeace, quen afirmou que o problema deriva máis de intereses políticos e económicos que de actuar neste tema, esperando que a súa voz sexa escoitada por máis xente. A encíclica foi adaptada ao formato radiofónico e emitida por Radio Vaticana.

Notas

Categoría:Ecoloxismo Categoría:Teoloxía