miniatura|Converxencia das estradas DP-7206 e EP-8001 e punto onde se produce o cambio de titularidade da Ponte de Catoira. A DP-7206 é unha estrada de segundo nivel da rede provincial de estradas da Deputación da Coruña, situada no lugar do Regueiro, parroquia de Isorna, no concello de Rianxo.

Percorrido

Cun percorrido total de tan só 220 metros, iníciase nunha rotonda no cruzamento coas estradas DP-3301 e AC-553 no concello de Rianxo, e tras un xiro de dereitas entra xa na ponte de Catoira ata rematar nun punto no centro do río Ulla, lugar este onde se produce a confluencia da titularidade desta estrutura coa Deputación de Pontevedra e pasando o vial a denominarse EP-8001.

Non constan datos de aforos de tráfico sobre esta estrada publicados pola Deputación da Coruña. Non obstante, dada a configuración desta estrada, podemos tomar coma válidos os datos obtidos a partir do tramo contiguo da EP-8001 ata o cruzamento coa PO-548 en Catoira publicados pola Deputación de Pontevedra, e que cifran o IMD en 10.355 vehículos no ano 2023, cunha porcentaxe de vehículos pesados do 4,55 %.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

En OpenStreetMap

Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Rianxo