A Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, coñecida simplemente coma Conxemar, é un evento que se celebra anualmente no Instituto Feiral de Vigo, na cidade de Vigo. Desenvólvese habitualmente durante tres días no mes de outubro. Está considerada unha das feiras máis importantes sobre a industria dos conxelados, e congrega anualmente medio millar de expositores e uns 25.000 visitantes.
Historia
Celebrouse por vez primeira en 1999, organizada pola Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de la Pesca y Acuicultura.. Ten a súa orixe no Salón da Pesca Profesional de Sapromar. O acto tivo lugar na estación marítima, nun espazo expositivo de 3.000 metros cadrados. Características A feira albérgase no Instituto Feiral de Vigo, e consta de centos de postos ou expositores, nos que as diferentes empresas do sector presentan as novidades ou produtos do mar que queiran salientar.
Notas
Categoría:Eventos en Vigo
Categoría:Feiras Categoría:Produtos da pesca