As Vancouver Goldeneyes son un futuro equipo da Professional Women's Hockey League (PWHL) con sede na cidade de Vancouver (Columbia Británica, Canadá). Fundado o 23 de abril de 2025, o PWHL Vancouver converteuse no primeiro equipo de expansión da liga norteamericana e comezará a xogar na tempada 2025-26. O equipo xogará os seus partidos como local no Pacific Coliseum, un pavillón con capacidade para 16 281 persoas.
Historia Antecedentes miniatura|esquerda|As Vancouver Amazons foron o equipo máis exitoso da cidade. A traxectoria da cidade de Vancouver e a súa área no hóckey sobre xeo feminino remóntase ata os inicios da modalidade en categoría feminina, e a prensa da época recolle numerosos equipos de mulleres xogando na cidade e a súa área entre 1900 e 1901. Un dos equipos máis destacados nos primeiros anos do século XX foi o Rossland Ladies, que durante 17 anos acolleu o Rossland Winter Carnival.
Nesta época foi importante a figura do xogador Lester Patrick, que estivo involucrado na creación de equipos femininos ao redor do ano 1914. Pouco despois, na década de 1920 as Vancouver Amazons convertéronse no equipo feminino máis exitoso da historia da cidade. As Amazons conquistaron a Alpine Cup no Banff Winter Carnival de 1922, que daquela era o título máis prestixioso que podía conseguir un equipo do oeste do Canadá. Aademais participaron na primeira liga internacional feminina. Outros equipos da área de Vancouver durante as tres primeiras décadas do século foron as Blue Jays e as Spencer's All-Stars.
Xa no ano 2000, a cidade tivo un equipo profesional que competiu na National Women's Hockey League (NWHL), as Vancouver Griffins.
Fundación O 23 de abril de 2025 anunciouse que a primeira franquía de expansión da PWHL poldería estar localizada en Vancouver e xogar na tempada 2025-26. Ao mesmo tempo anunciouse que o pavillón no que o novo equipo xogaría os seus partidos como local sería o Pacific Coliseum, que anteriormente fora a casa dos Vancouver Giants da Western Hockey League e dos Vancouver Canucks da National Hockey League.
O anuncio chegou logo de que se especulara sobre a posible expansión da PWHL a Vancouver, así como a Seattle. A rumoreada elección dunha expansión a Vancouver produciuse logo de que a PWHL Takeover Tour, unha xira de partidos de exhibición xogados en sedes neutrais en cidades do Canadá e os Estados Unidos, atraera a unha cifra récord de 19 038 persoas ao Rogers Arena, a casa dos Vancouver Canucks, o 8 de xaneiro de 2025.
O 23 de maio, un mes despois do anuncio da concesión dunha franquía na liga para a cidade, o PWHL Vancouver anunciou que Cara Gardner Morey sería a primeira directora xeral do equipo. Morey chegou á dirección do equipo da Columbia Británica logo de 14 tempadas vinculada ao equipo da Universidade de Princeton, no que exerceu de adestradora dende 2017.
O 4 de xuño confirmáronse as dúas primeiras fichaxes da nova franquía foron as defensas canadenses Sophie Jacques e Claire Thompson, ambas procedentes de Minnesota Frost. As xogadoras foron dúas das tres finalistas na votación á Defensora do Ano da PWHL na tempada 2024-25 xunto con Renata Fast, das Toronto Sceptres. A elección das dúas xogadoras, poucos días antes do Draft de expansión, permitiu a Minnesota protexer a unha cuarta xogadora, Britta Curl-Salemme. Unhas horas desopois a atacante Sarah Nurse (Sceptres) e a porteira Emerance Maschmeyer (Charge) asinaron un contrato dun ano e de dous anos respectivamente coa nova franquia durante os cinco días permitidos pola liga para que as xogadoras non protexidas polos seus equipos e as axentes libres negociaran con calquera das dúas novas franquías. Horas máis tarde anunciábase que Jenn Gardiner (Montreal Victoire) como a quinta xogadora da nova franquía.
O 23 de xuño de 2025 a franquía da Columbia Británica anunciou a contratación do estadounidense Brian Idalski como o seu primeiro adestrador xefe. Idalski chegou ao equipo logo de adestrar durante tres tempadas o equipo dos Huskies da Universidade de St. Cloud State (Minnesota) da NCAA, e previamente outros equipos universitarios, así como o KRS Vanke Rays na Zhenskaya Hockey League rusa ou a selección feminina da China nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2022 celebrados en Pequín.
O 20 de outubro o PWHL Vancouver anunciou a incorporación ao seu corpo técnico dos adestadores asistentes BJ Adams e Brendon Knight, a preparadora física Shannon MacAulay, o adestrador de porteiras Joey Ali, e o adestrador de vídeo Andrew Boucher, ademais da asesora principal da xerente xeral Kathy Pippy. Un día despois o equipo desvelou as camisolas que empregaría na tempada do seu debut na PWHL.
Tempada debut 2025-26 As Vancouver Goldeneyes debutaron na PWHL na súa casa, o Pacfic Coliseum, o 21 de novembro de 2025 fronte o outro equipo de expansión, o Seattle Torrent. O partido, presenciado por 14 958 persoas nas bancadas, supuxo a primeira vitoria do equipo da Columbia Británica, que se impuxo na primeira prórroga por 4 goles a tres.
O equipo xurdido do proceso de expansión creara altas expectativas, mais non foi quen de encadear bos resultados e atravesou problemas como a lesión de Sarah Nurse, que non puido xogar durante case dous meses. O 18 de abril de 2026 as Goldeneyes quedaron oficialmente eliminadas da loita polos play-offs a pesar da vitoria na prórroga fronte a Seattle Torrent. No derradeiro partido da liga regular o equipo impuxéronse na prórroga a Minnesota Frost (4-3), o que as situou na primeira posición no Gold Plan para escoller na primeira posición no draft de 2026 á espera do resultado do partido entre Seattle e Montreal. A vitoria do equipo quebequés aseguoulle a praza ao equipo de Vancouver, deixando a Seattle na segunda posición.
Identidade do equipo miniatura|250px|Logotipo provisional da franquía durante os seus primeiros meses de existencia. Logo da súa fundación o equipo é denominado PWHL Vancouver de xeito provisional mentres a liga crea unha unha imaxe corporativa para a franquía, cun logotipo e un nome. Esta circunstancia xa se producira durante a tempada inaugural cos seis equipos que iniciaron a competición, os chamados "Inaugural Six". As cores do equipo foron desveladas o mesmo día da súa presentación, escolléndose a cor azul "Pacífico" e a crema.
O 21 de outubro de 2025 o equipo desvelou o deseño das camisolas que vestiría na súa primeira tempada. Do mesmo xeito que os denominados Inaugural Six, a camisola de Vancouver na tempada do seu debut emprega un deseño no que se amosa o nome da cidade en diagonal na parte dianteira. O mesmo día a fanquía anunciou que antes do inicio da tempada revelaría o nome e o logotipo que empregará o equipo a partir da tempada 2026-27. As cores das primeiras camisolas están tomadas da contorna natural, azul pacífico, crema e bronce. Amy Scheer, vicepresidenta executiva de operacións comerciais da PWHL, sinalou que a decisión sobre o deseño da camisola tomáraese para que o nome da cidade estivera ben visible e que así a xente se identificara axiña co novo equipo, ademais sinalou que o deseño concectaba os equipos de expansión coa fundación da liga. A camisola local é predominantemente azul, mentres que na visitante predomina o branco.
O 6 de novembro de 2025 a liga anunciou o nome oficial da franquía de Vancouver, así como o da otra franquía de expansión localizada en Seattle. O nome elixirs para o equipo foi Goldeneyes, en honor ao parrulo de ollos dourados, un animal de rápidos reflexos nativa da rexión da Columbia Británica e que salienta, en palabras da Directora de Marca e Mercadotecnia Ali Bologna, pola súa "precisión, axilidade e resistencia: calidades que reflexan o hóckey e ás atletas que o practican". Deste xeito, o equipo de Vancouver converteuse no primeiro de toda a PWHL en levar o nome dun animal. Durante o proceso para a elección do nome, o equipo responsable explorou a fauna local na procura dunha identidade que fora única de cidade.
Pavillón
miniatura|250px|O equipo disputará os seus partidos como local no Pacific Coliseum. O PWHL Vancouver xogará os seus partidos como local no Pacific Coliseum, un pavillón inaugurado en 1968 e con capacidade para 16 281 persoas para partidos de hóckey sobre xeo. O equipo ademais converteuse no principal inquilino do pavillón.
O Pacific Coliseum fora anteriormente a sede dos Vancouver Canucks da National Hockey League (NHL) entre 1968 e o seu traslado ao Rogers Arena en 1995, así como dos Vancouver Giants da Western Hockey League (WHL).
Datos de asistencia As Vancouver Goldeneyes foron unha das franquía máis exitosa da Professional Women's Hockey League en termos de asistencia na tempada do seu debut nna liga, cando os partidos do equipo da Columbia Británica rexistraron unha media de 11 234 persoas nas bancadas, só por detrás do outro equipo de expansión que debutou esa tempada, o Seattle Torrent.cNo seu primeiro partido como local, celebrado o 21 de novembro de 2025, o Pacfic Coliseum rexistrou 14 958 persoas nas bancadas, precisamente fronte a Seattle, no que foi o debut de ambos equipos na PWHL.
Datos de asistencia ao Pacfic Coliseum Ano Asistencia media 2025-26 11 234
Personalidades Xogadoras Capitás O 21 de novembro de 2025 anunciouse que a primeira capitá do equipo sería Ashton Bell, mentres que a dianteira estrela Sarah Nurse e a defensa Claire Thompson foron nomeadas as primeiras capitás asistentes da historia da franquía.
Capitás das Vancouver Goldeneyes Nome Período Ashton Bell 2025-
Eleccións na primeira rolda do draft
Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Nas edicións celebradas ata o momento as Vancouver Goldeneyes escolleron na primeira posición en 2026, seleccionando á xogadora estadounidense Caroline Harvey da Universidade de Wisconsin.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2025 Michelle Karvinen 7º Frölunda HC (SDHL) 2026 Caroline Harvey 1º Wisconsin (NCAA)
Adestradores O 23 de xuño de 2025 a franquía da Columbia Británica anunciou a contratación do estadounidense Brian Idalski como o seu primeiro adestrador xefe. A continuación todos os adestradores da historia do PWHL Vancouver:
Adestradores do PWHL Vancouver Nome Período Brian Idalski 2025-26
Directoras xerais Un mes despois do anuncio da creación do novo equipo da PWHL en Vancouver anunciouse que a súa primeira directora xeral sería a antiga xogadora e adestradora canadense Cara Gardner Morey. A continuación todas as directoras xerais da historia do PWHL Vancouver:
Directoras Gerais do PWHL Vancouver Nome Período Cara Gardner Morey 2025-
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Vídeo do anuncio da expansión o mércores 23 de abril de 2025
Categoría:Vancouver Goldeneyes Categoría:Deporte en Vancouver