Nerea Pallares Vilar, nada en Lugo o 10 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un Mestrado en Literatura, Arte e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, cunha tese sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo, e foi bolseira, entre outras institucións, na Cité Internationale des Arts en París, no Centro de Investigação Artística Hangar, en Lisboa, e na Fundación Gala de Córdoba. Colaborou en Dorna, Quimera e Granta.
Participou en varias residencias literarias, entre elas a Residencia Literaria da Cidade da Cultura dirixida por Javier Peña.
En 2025 gañou o Premio García Barros con Punto de arañaNerea Pallares Vilar, gañadora do Premio García Barros 2025Nerea Pallares, gañadora do premio Manuel García Barros: «Hai unha ollada crítica sobre como nos vencellamos e sostemos a vida», onde reflexiona sobre a precariedade do traballo feminino e reivindica as mulleres do mar.
Obras
En galego
Punto de araña (2025). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-469-8.
En castelán
Sidecar (2015). Ed. Oblicuas. 76 páxs. ISBN 978-8415528470. Los ritos mudos (2021). Inlimbo Ed. 116 paxs. ISBN 9788412167597.
Premios
2025: Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey, por Botar un conto. 2025: Premio García Barros con Punto de araña. 2026: Premio Follas Novas do Libro Galego, Mellor Libro de Narrativa por Punto de araña.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Galegos Ficha en Calamo & Cran
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio García Barros Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1989