O Original Sokos Hotel Viru é un hotel situado en Talín, Estonia. Foi o primeiro rañaceos do país e está conectado co centro comercial Viru Keskus. É propiedade de Sokos Hotels.
Historia O Hotel Viru foi construído por Intourist, o monopolio turístico do goberno da Unión Soviética. A empresa encargada da construción foi Repo Oy, con sede en Savonlinna, Finlandia. As obras comezaron en xullo de 1969, pero en decembro dese ano produciuse un incendio no décimo piso do edificio, o que levou á bancarrota a empresa finesa. Posteriormente, outra empresa finesa, Haka Oy, finalizou a construción en maio de 1972 e o Hotel Viru abriu as súas portas o 14 de xuño dese mesmo ano.
Durante a era soviética, o piso 23 do hotel albergaba un centro de escoitas da KGB, utilizado para espiar aos clientes. Sesenta habitacións do hotel tiñan dispositivos de espionaxe ocultos, e algunhas mesas do restaurante tamén estaban equipadas con micrófonos. A KGB abandonou o hotel pouco antes de que Estonia recuperase a súa independencia en agosto de 1991, pero as habitacións secretas non foron descubertas ata 1994. Este antigo centro de radio funciona no presente como museo.
En 2003 o hotel foi vendido ao Grupo S, unha organización cooperativa finesa de distribución polo miúdo. No presente conta con 516 habitacións.
Notas
Categoría:Hoteis Categoría:Estonia