António Manuel Couto Viana, nado en Viana do Castelo o 24 de xaneiro de 1923 e finado en Lisboa o 8 de xuño de 2010, foi un director, tradutor, poeta, dramaturgo e ensaísta portugués.

Traxectoria António Manuel Couto Viana naceu en Viana do Castelo o 24 de xaneiro de 1923. Era irmán de María Manuela Couto Viana e súa nai era asturiana.

Debutou a través de David Mourão-Ferreira como actor e deseñador de vestiario en 1946 no Teatro Estúdio do Salitre, en Lisboa. Tamén foi empresario e director de Teatro do Gerifalto, compañía na que debutaron nomes como Rui Mendes ou Morais e Castro. Sempre estivo involucrado en compañías de teatro infantil. De moi novo herdara do seu avó o teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo.

Couto Viana pertenceu á Dirección do Teatro da Mocidade, Teatro de Ensaio (Teatro Monumental), foi director e empresario da Compañía Nacional de Teatro (Teatro da Trindade) e asesor artístico do Obradoiro de Teatro da Universidade de Coimbra. Tamén dirixiu e e fixo a escenografía das compañías de ópera, como mestre de escena, do Teatro Nacional de São Carlos, do Círculo Portuense de Ópera e da Companhia Portuguesa de Ópera.

En 1948 publicou o seu primeiro poemario , O Avestruz Lírico. Entre 1949 e 1951 dirixiu a revista infanto-xuvenil Camarada.

Entre 1950 e 1960 dirixiu a publicación de varias revistas literarias e culturais, como os cadernos de poesía Graal e Távola Redonda e formou parte do consello de redacción da revista Tempo Presente (1959-1961).

Foi profesor no Liceu D. Leonor, en Lisboa, así como cando viviu dous anos en Macao, entre 1986 e 1988, foi profesor no Instituto Cultural de Macao.

Viviu os seus últimos anos na Casa do Artista e continuou escribindo e publicando. Alí foi convidado pola Orde dos Frades Menores para colaborar na dramaturxia sacra.

Publicou máis de cen libros e a súa poesía foi traducida ao francés, inglés, español e chinés e realizou programas de poesía para RTP.

Foi membro da Academia das Ciencias de Lisboa.

Como asesor do Consello de Lectura da Fundación Gulbenkian, cando morreu Couto Viana escribía a historia da Compañía Nacional de Teatro.

António Manuel Couto Viana morreu o 8 de xuño de 2010 en Lisboa.

Homenaxes O 9 de xuño de 1995, foi nomeado Gran Oficial da Orde do Príncipe Henrique.

Moi ligado a Ponte de Lima, foi agraciado coa Medalha de Mérito Municipal Cultural atribuída pola Câmara Municipal de Ponte de Lima en 2009.

António Viana recibiu varios premios literarios como o Premio de Poesía Luso-Galaica Valle-Inclán, o Premio Antero de Quental, o Premio Nacional de Poesía, o Premio Fundación Oriente e o Premio da Academia das Ciencias de Lisboa.

Foi condecorado coa Banda da Cruz de Mérito, Gran Cruz da Falanxe Galega e a Medalla ao Mérito Cultural do Concello de Viana do Castelo.

Obras

Entre outras obras publicou: O Avestruz Lírico (1948) No Sossego da Hora (1949) O Caminho É por Aqui (1949) Era uma Vez... Um Dragão (1950) O Coração e a Espada (1951) Em Louvor do Teatro Infantil (1951) Auto das Três Costureiras (1952) A Face Nua (1954) O Fidalgo Aprendiz (1955) A Tentação do Reino (1956) O Acto e o Destino (1957) Um Espinho da Flor (1959) Mancha Solar (1959) O Milagre de Ourique (1959) A Rosa Sibilina (1960) Do Cimo desse Telhado (1962) Relatório Secreto (1963) Poesia (1948/1963) (1965) O Teatro ao Serviço da Criança (1967) Desesperadamente Vigilante (1968) Antígona, Ajax e Rei Édipo (1970) O Avarento (1971) O Senhor de Pourceaugnac (1971) Pátria Exausta (1971) Em Redor da Mesa (1972) 10 Poesias de Agustin de Foxá (1973) Raiz da Lágrima (1973) O Almada Que Eu Conheci (1974) 2 "Modernistas" do Alto Minho (1976) 709 Poesias de Reclamo à Casa Brasileira (1977) Coração Arquivista (1977)

Nado Nada (1977) Voo Doméstico (1978) João de Deus e um Século de Literatura Infantil em Portugal (1978) As Pedras do Céu (1979) Júlio de Lemos, num Retrato Breve e Leve (1979) Retábulo para Um Íntimo Natal (1980) As (E)vocações Literárias (1980) Morte e Glória de Narciso no Poeta Alfredo Pimenta (1982) Frei Luís de Sousa à Luz de Novas Luzes (1982) Ponto de Não Regresso (1982) Para um Encontro com o Poeta Alfredo Pimenta (1983) Versos de Cacaracá (1984) Uma Vez uma Voz: Poesia Completa - 1948-1983 (1985) as antologias “Tesouros da Poesia Popular Portuguesa” (1984) Postais de Viana (1986) O Senhor de Si (1991) Café de Subúrbio (1991) Colegial de Letras e Lembranças (1994) A Gastronomia no Teatro e na Poesia Portuguesa (1994) Bom Garfo e Bom Copo (1997) Por Outras Palavras (1997) Comeres em Lisboa: Roteiro Gastronómico (1998) Prefiro Pátria às Rosas (1998) Dez Peças de Teatro Infantil Teatro Português d'Outrora Agora Restos de Quase Nada (2007) Disse e Repito (2008) Bichos diversos em verso (2008) Que é que eu tenho Maria Arnalda? (2009) Cancioneiro do Rio Lima (2001). 60 anos de poesia (2 vols.) (2004)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns Externas 2003-2012, Porto, Consul. 12-08-2012. Evocación a António Manuel Couto Viana, secretaría pastoral nacional de cultura António Manuel Couto Viana, Casa da Lectura, Fundación Gulbenkian Artigo en SPA

Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Dramaturgos de Portugal Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en Portugal