Grigori Kromanov (en ), nado en Talín o 8 de marzo de 1926, e finado en Vihula o 18 de xullo de 1984, foi un director de cinema e teatro estoniano. Dirixiu algúns dos filmes estonianos máis coñecidos, entre eles Viimne reliikvia e "Hukkunud Alpinisti" hotell.
O seu filme de 1976 Briljandid proletariaadi diktatuurile baséase na novela homónima de detectives de 1974 escrita por Yulian Semyonov.Фильмография писателя Юлиана Семёнова O seu filme Mis juhtus Andres Lapeteusega? de 1966 tamén adquiriu unha relevancia especial. Trata as consecuencias do culto á personalidade estalinista no contexto do desxeo na Unión Soviética.
Traxectoria Graduouse na Universidade de Talín 6 en 1946 e estudou no Instituto de Teatro Estatal da RSS de Estonia de 1946 a 1949. De 1953 a 1956 foi actor no Teatre Dramático. En 1956, comezou a traballar como director na televisión de Estonia, exercendo como director de 1956 a 1961 e como director en xefe de 1962 a 1963. En 1961-1962 e 1963-1981 foi o director da Tallinnfilm. Despois, entre 1981 e 1982, foi o director en xefe do Teatro Dramático Ruso e de 1966 a 1984 (con pausas) foi profesor especialista na Escola de Artes Escénicas da Academia Estoniana de Música e Teatro.
Filmografía Põrgupõhja uus Vanapagan (1964, con Jüri Müür) Mis juhtus Andres Lapeteusega? (1966) Meie Artur (telefilme de Artur Rinnest, 1968, con Mati Põldre) Viimne reliikvia (1969) Briljandid proletariaadi diktatuurile (1975) Hukkunud Alpinisti hotell (1979)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Director Grigori Kromanov: memoirs, articles, letters, diaries. Compiled by Irena Veisaitė-Kromanova (1995)
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Directores de cinema da Unión Soviética Categoría:Directores de cinema de Estonia