Unravel é un videoxogo de crebacabezas e plataformas desenvolvido pola empresa sueca Coldwood Interactive e publicado por Electronic Arts. Foi anunciado o 15 de xuño de 2015 e lanzado o 9 de febreiro de 2016 para PlayStation 4, Windows e Xbox One. O xogo céntrase en Yarny, unha pequena criatura antropomorfa feita de fíos que o xogador controla polo ambiente, utilizando o fío que se desenreda para resolver crebacabezas, evitar criaturas perigosas e atravesar obstáculos.
Unravel recibiu unha acollida favorable despois do lanzamento, con moitos críticos de acordo en que os elementos visuais, o protagonista, a banda sonora e o ton xeral do xogo estaban entre os seus fortes. Algúns formularon críticas sobre os controis, a variedade de crebacabezas e as plataformas. A súa secuela, Unravel Two, estreouse en xuño de 2018.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2016 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Suecia Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de ColdWood Interactive Categoría:Videoxogos de Electronic Arts