Felisa Pérez Corbillón, nada en Vilaverde (Podentes, A Bola) en 1897, foi unha antifranquista galega.

Traxectoria Acusada dun atraco perpetrado no comercio dos irmáns Lisardo e Hermindo de Castro Álvarez de Porto Quintela o 11 de setembro de 1940 xunto con Saturnino Darriba, Gabriel Hernández González, José Fernández Alonso, Francisco Domínguez, Gumersindo Delgado Gallego e Remigio Fernández Rodríguez. Foi detida o 17 de febreiro de 1941. Xulgados en Ourense o 13 de outubro de 1941, acusados de auxilio á rebelión. Felisa foi condenada a prisión mentres os cinco asaltantes foron condenados a morte. O 12 de decembro de 1942 saíu en liberdade vixiada. Fuxiu e agochouse ata que volveu ser detida o 27 de abril de 1945. Foi trasladada á prisión de Mulleres de Amorabieta o 18 de agosto de 1945. Saíu do cárcere nos anos cincuenta e instalouse en Ourense. En 1969 adquiriu un panteón no cemiterio de San Francisco.El Pueblo Gallego, 11-9-1969, p. 12.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Historia das nosas mullerés ourensás

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Bola Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en ano descoñecido